de todo un pouco

xoves, 8 de marzo de 2012

MULLERES QUE NOS ENSINAN...

Aurea Díaz Cabana, muller traballadora, comprometida, rural, naceu en Taboada hai 83 anos.
Os seus traballos comezaron cedo xa que, a idade temperá morre o seu pai e faise cargo da facenda coa súa nai e irmáns.

Cásase con 19 anos recién cumpridos sendo moi pobre pero feliz. O seu marido Julio enferma gravemente cando xa teñen 4 fillos moi pequenos que, según nos relata, son "paridos no medio de palla" (no que era entón a cociña). Dos catro fillos pode disfrutar a día de hoxe de dous solos, posto que un morre ó pouco tempod e nacer e outro xa casado, pero moi novo.


Aurea tivo que traballar dende moi nena e máis dende a enfermidade de Julio, o seu cónxuxe, pero aínda así sempre procurou que os nenos/as foran á escola, para ofrecerlles un mellor futuro.

Aurea enfermou gravemente, pero a súa fortaleza e as gañas de vivir foron dabondo como para sacar adiante a familia que tanto custou formar.

A día de hoxe é unha de tantas mulleres dignas de admiración... Damoslle as grazas por compartir a vida con nós.


Prometemos un vídeo feito no día de hoxe, no que o Concello pretende rendirlle unha íntima homenxe, e a traveso dela, ás moitas veciñas, donas que con forza e humildade van marcando a nosa historia máis cercana.



A esa muller do rural galego, que mantivo a unión da familia e levantou a economía da casa. A esa muller á que nunca se lle fixeron homenaxes, porque non os necesita nin os quere, vai o noso máis sinxelo recoñecemento.
Compartimos uns anaquiños da conversa que mantivemos con Aurea:










8 comentarios:

  1. Os que coñecemos a Aurea ( Aurita) sabemos que ten un espiritu cheo de fortaleza e ganas de vivir, cunha admirable capacidade para ver todo sempre dende unha óptica positiva.

    Só é preciso mirar un intre para os seus ollos e a súa cariña, na última das fotografías. A cara sempre é un reflexo da alma.

    Estas liñas son a miña pequeña "homenaxe" particular, para unha gran amiga dende a infancia, a miña primeira MELLOR AMIGA.

    ResponderEliminar
  2. Fareille chegar o teu comentario no teu nome MARIA. Sabes que ela tamén te quere

    ResponderEliminar
  3. A muller mais traballadora e mais boa que eu coñezo. Sempre alegre a pesar do que deixa sufrido, tiña o home enfermo na cama e os nenos pequeniños e tiña que arar cas vacas, rozar, etc, pero sempre soliña. Un bico

    ResponderEliminar
  4. E verdade o que ti dis, de ela todo o que se diga será pouco, por iso decidimos facerlle esta pequena homenaxe no día da muller traballadora, e enorgulleceme tela de veciña, e a verdade e que sempre tiña que traballar soiña, pero estar nunca estivo soa, porque o seu home e os seus fillos sempre a quixeron e estiveron a seu caron, porque ela e digna do maior aprecio e respeto. moitas gracias polo comentario no nome de Aurita e de todos os seus.

    ResponderEliminar
  5. Esperamos con ansia o vídeo, todos os días miro a páxina

    ResponderEliminar
  6. tedes que perdonar a nosa tardanza en subilo, polo que vos pedimos desculpas, pero como e moi largo estanos resultando un pouco dificil subilo, estamos intentado fraccionalo para asi podelo subir, un saudo

    ResponderEliminar
  7. estou moi orgullosa de ser tua sobriña! un beso :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ela tamen sei eu que esta orgullosa de todos bos, un bico da sua parte

      Eliminar