de todo un pouco

luns, 10 de xuño de 2013

FOMOS A OS COVADOS DE BELESAR

 

Fai uns días atrás, unhas cantas de nós,  fomos coñecer un fermoso lugar que inda que esta  moi preto de nós, a maioría nunca estiveramos alí, e aproveitamos para facer unha ruta de sedeirísmo que hai na zoa desde onde puidemos admirar as fermosas paisaxes de Ribeira Sacra; estoume referindo a o pobo de Belesar.

Saímos pola mañá, non moi cedo, e arrancamos a ruta na fermosa igrexa románica de San Estevo de Rivas de Miño, no concello de o Saviñao, pasamos polo pobo de Galegos,  e un anaco despois , chegamos a Diamondi, onde puidemos ver a su fermosa Igrexa en restauración

A escasa distancia de Diamondi empeza a parte mais fermosa do percorrido, primeiro por unha calzada romana moi ben conservada de baixa en zig-zag , con unha forte pendente, primeiro entre soutos e castaños, e unha espesa vexetación, e último tramo, xa nas ribeiras de Belesar, hai unhas fermosas vistas sobre o  Río Miño  e o pobo de Belesar co seu fermoso embarcadoiro.

Despois da longa camiñata, decidimos quedarnos a comer nun pequeno restaurante que hai o lado do embarcadoiro, “Abacería o Batuxo”, onde estivemos hasta ben entrada a tarde que decidimos  regresar.

Quedounos pendente facer a ruta de catamarán que hai polo Río Miño partindo de Belesar, xa que non nos deu tempo de acabar o xantar para cando saliu o catamarán, pero..............QUEDAMOS EN VOLVER  OUTRO DIA e xa vos contareiiiiii!!!!!!!.

 
Deíxovos un vídeo das imaxes que fixemos que creo que define o que intento contarvos aquí.
 
 
                                 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario