de todo un pouco

xoves, 13 de xuño de 2013

TARTA DE PIÑA


               Agora que chega o verán, apetécennos máis os postres fríos, e ademais, a maioría deles teñen unha vantaxe engadida, posto que para a súa elaboración non se  precisa o forno, evitando así o calor que este desprende, ademais de preparala en uns escasos 20 ou 25 minutos.

               Un de estes postres fríos e a tarta de piña, da que vos deixo a receite a continuación.

 

                                                INGREDIENTES:

                                                1 paquete de sobaos

                                                1 bote grande de piña

                                                1 sobre de xelatina de piña

                                                ½ litro de nata líquida

                                                Caramelo líquido

                                                5 ou 6 cereixas en almibar (opcional)


 

                                                PREPARACION;

              -  Cubrimos a base do molde con caramelo líquido, igual que para preparar un flan.

               - Seguidamente poñemos as rodelas de piña escorridas encima do caramelo, reservando o almívar  para mais adiante, se decidimos poñer as cereixas, poñémolas en cada burato da piña, a cantidade de rodelas dependerá do tamaño de molde.

               -A continuación da piña poñemos unha capa de sobaos, procurando encher ben todos os ocos.
               - Quentamos a nata sen que chegue a ferver, e en canto, en outro cazo mezclamos ben o almibar da piña co sobre de xelatina de piña; cando teñamos a nata quente engadimos a mestura de xelatina e almibar a nata.

               -Deixamos encima do lume hasta que  empece a ferver removendo constantemente con unha culler de madeira para que non se nos queime.

               - Volcamos encima dos sobaos e coa culler de madeira presionamos lixeiramente os sabaos para que se nos empapen ben da mestura e asi nos saia a tarta mais xugosa.

               -Metémola na neveira e deixámola enfriar polo menos 6 horas, aínda que é mellor preparala de un dia para outro.  

               -para servila dámoslle a volta sobre unha bandexa a que , si os desexamos, podemos cubrir con unha blonda. 

  

 

     

 

luns, 10 de xuño de 2013

FOMOS A OS COVADOS DE BELESAR

 

Fai uns días atrás, unhas cantas de nós,  fomos coñecer un fermoso lugar que inda que esta  moi preto de nós, a maioría nunca estiveramos alí, e aproveitamos para facer unha ruta de sedeirísmo que hai na zoa desde onde puidemos admirar as fermosas paisaxes de Ribeira Sacra; estoume referindo a o pobo de Belesar.

Saímos pola mañá, non moi cedo, e arrancamos a ruta na fermosa igrexa románica de San Estevo de Rivas de Miño, no concello de o Saviñao, pasamos polo pobo de Galegos,  e un anaco despois , chegamos a Diamondi, onde puidemos ver a su fermosa Igrexa en restauración

A escasa distancia de Diamondi empeza a parte mais fermosa do percorrido, primeiro por unha calzada romana moi ben conservada de baixa en zig-zag , con unha forte pendente, primeiro entre soutos e castaños, e unha espesa vexetación, e último tramo, xa nas ribeiras de Belesar, hai unhas fermosas vistas sobre o  Río Miño  e o pobo de Belesar co seu fermoso embarcadoiro.

Despois da longa camiñata, decidimos quedarnos a comer nun pequeno restaurante que hai o lado do embarcadoiro, “Abacería o Batuxo”, onde estivemos hasta ben entrada a tarde que decidimos  regresar.

Quedounos pendente facer a ruta de catamarán que hai polo Río Miño partindo de Belesar, xa que non nos deu tempo de acabar o xantar para cando saliu o catamarán, pero..............QUEDAMOS EN VOLVER  OUTRO DIA e xa vos contareiiiiii!!!!!!!.

 
Deíxovos un vídeo das imaxes que fixemos que creo que define o que intento contarvos aquí.
 
 
                                 
 

domingo, 9 de xuño de 2013

XORNADA SOBRE HORTO ECOLOXICO



O Xaramago en colaboración co Servicio de Información, Orientación e busca de emprego  (servizo IOBE) do concello de Portomarín, teñen programadas unhas xornadas técnicas sobre horta ecolóxica, que se impartirán na Casa de Cultura os vindeiros  12 e 19 de xuño pola inxenieira agrícola  Estefanía Jacinto Prados.
Xa que consideramos que o tema tratado pode ser de interese para a maioría da xente, estas xornadas decidimos abrilas non solo a as socias se non a todos aqueles que queiran asistir.
Adxuntamos o programa para que vos informedes dos temas a tratar e do horario


XORNADAS SOBRE HORTO ECOLÓXICO

DIRIXIDAS A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE PORTOMARÍN, e impartidas pola Enxeneira Agrícola en Hortofruticultura e Xardinería: Estefanía Jacinto Prados

LUGAR: CASA DA CULTURA DE PORTOMARÍN

Día 12 de Xuño, de 16:00 a 18:00 horas

I. Horto Ecolóxico:
- Conciencia do horto ecolóxico.

Bases e principios da agricultura ecolóxica e importancia económica.
-       Introducción o manexo, técnicas e cultivo.
-        Influencias: A Lúa, tempo e clima .
-        Reproducción dás hortalizas da horta. Importancia da recuperación tradicional de sementes.
-        Asociacións e rotacións.

 

Día 19 de Xuño, de 16:00 a 18:00 horas

II. Prácticas Agrícolas:
-        Fertilidade do solo e importancia dá materia orgánica ná agricultura ecolóxica. Compost, tipos de abono e enmendas orgánicas.
-        A Ortiga e outros preparados biolóxicos caseiros para prevenir, reforzar e actuar frente a posibles pragas e enfermidades. Falaremos de distintos tipos de preparados e métodos de elaboración.
  
(Pídese puntualidade para o seu aproveitamento e non interrumpir as Xornadas)

 OLGA CAPÓN MORENO








O XARAMAGO
(ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE PORTOMARÍN)
INVITA A TODOS OS QUE QUEIRAN ASISTIR AS
XORNADAS SOBRE HORTO ECOLÓXICO
Impartidas pola Enxeneira Agrícola en Hortofruticultura e Xardinería: Estefanía Jacinto Prados
 LUGAR: CASA DA CULTURA DE PORTOMARÍN
Día 12 de Xuño, de 16:00 a 18:00 horas

I. Horto Ecolóxico:

- Conciencia do horto ecolóxico.

Bases e principios da agricultura ecolóxica e importancia económica.

-        Introducción o manexo, técnicas e cultivo.

-        Influencias: A Lúa, tempo e clima .

Reproducción dás hortalizas da horta. Importancia da recuperación tradicional de sementes.
          Asociacións e rotacións.
 
Día 19 de Xuño, de 16:00 a 18:00 horas
 
II. Prácticas Agrícolas:

-        Fertilidade do solo e importancia dá materia orgánica ná agricultura ecolóxica. Compost, tipos de abono e enmendas orgánicas.

-        A Ortiga e outros preparados biolóxicos caseiros para prevenir, reforzar e actuar frente a posibles pragas e enfermidades. Falaremos de distintos tipos de preparados e métodos de elaboración.

                          (Pídese puntualidade para o seu aproveitamento e non interrumpir as Xornadas)

Técnico de Orientación




sábado, 8 de xuño de 2013

CAÑAS


                                            

  Ahora que se achega o verán,  aproveitamos para facer numerosas xuntanzas familiares por iso vos vou deixar  unha receita que inda que un pouco laboriosa non e moi complicada de facer.
            Aclarar tamén que as miñas cantidades son aproximadas, xa que a maioría de estas receitas son de moitos anos atrás, transmitidas  de uns a outros sen cantidades exactas.

Estou a falar das famosas cañas

 

                                    INGREDIENTES:

Para a  masa:
                                               ½ kg de fariña
                                                Unha mestura de auga e leite a partes iguales
                                                Tres ovos
                                                ½ vaso de aceite.
                                                1 sobre de lavadura en po

Para a crema pasteleira:
                                                 6 culleradas de azucre
                                                 4 xemas de ovos
                                                 ½ litro de leite enteiro
                                                 4 culleradas de maicena
                                                  1 pau de vainilla
                                                 A pel dun limón raiada
                                          
MANEIRA DE FACELAS:

                Primeiro facemos a masa para a cañas, para elo, poñemos nunha cunca o ½ kg de fariña.                   En unha tixola, poñemos o medio vaso de aceite a quentar, sen que chegue a ferver, e engadímoslle un anaquiño de pan para que lle quite o sabor a o aceite, sacamos o pan e vertemos o aceite enriba da fariña e mesturámolo ben con ela.
                Batemos os ovos e engadímolos a mestura de auga e leite, quentamos un pouco remexendo constantemente para que o  ovo non se nos calle, hasta obter unha temperatura axeitada para amasar.
                Esta mestura ímola botando sobre a fariña e amasamos hasta que a masa non se nos pegue as mans nin a paredes da cunca, e que as masa nos quede con unha consistencia bastante forte para deixarse traballar para facer a cañas.
               Tapámola con un pano e deixámola repousar mais ou menos unha hora a poder ser cerca de unha fonte de calor para que  a masa non perda o calor.
                Partímola en dous anacos e estirámola con un rodillo en cima do mármore , cortámola en tiras de mas ou menos uns 3 ou 4 cm e envolvémola nos tubos, procurando que nos queden ben cerradiñas para que logo non nos perdan a crema.
                 En unha tixola votamos aceite abundante e botámolas a fritir, a fogo medio ,hasta que nos queden ben douradiñas. Cando xa as temos fritas sacamos os tubos e reservámolas.

 

Para preparar  a crema pasteleira:

Poñemos unha pota o baño María , vertemos en ela o azucre, as xemas de ovo a metade do leite o pau de vainilla ea peladura do limón raiada. Na outra metade do leite en frío desfacemos ven a maicena e engadímola tamén, Remover cunha varílla metálica sempre no mesmo sentido  ata que a mestura vaia tomando unha consistencia como de pomada. Cando teña consistencia de marmelada (é dicir, que non quede líquida) retiramos do lume  con unha manga pasteleira ou con unha culler, imos enchendo a cañas unha por unha antes de que se enfrie e espese.

En vez de crema pasteleira, tamén podemos enchelas de flan de vainilla (el niño por exemplo) engadindo o leite para preparalo a peladura do limón raiada.

  Dedícolle esta receta o noso seguidor Xoan que sempre deixa comentarios nas nosas recetas, por eso me imaxino que ha de ser un pouco goloso.