de todo un pouco

venres, 31 de xaneiro de 2014

PROXIMAS ACTIVIDADES E REUNIONS


                        O Xaramago Asociación de Mulleres  Rurales de Portomarín

Reunida a directiva da Asociación de mulleres rurales de Portomarín  “O Xaramago” acordamos:

            Convocar unha asamblea xeral para o vindeiro día 7 de febreiro as 10 da noite, na casa de cultura de Portomarín,  coa seguinte orde do día:

            1.- renovación de nova directiva.

            2.- Presentación das contas da asociación dende a súa constitución ata a fecha de hoxe.

            3.- propostas para novas actividades nas que poidades estar interesadas.

            4.- Rogos e preguntas.

            Comunicarvos tamén que o próximo día 15 de febreiro, faremos unha pequena excursión o centro termal de A CHAVASQUEIRA  en Ourense, onde hai unhas augas termais, apreciadas para o tratamento do reuma, artrite e afecións da pel, así como para os trastornos hepatodigestivos e para as vías urinarias, entre outras cousas.

            A asociación correra cos gastos de autobús e tamén coas entradas a o recinto da Chavasqueira, as que decidades vir solo teredes que facervos cargo do xantar, que coma sempre, intentaremos que sexa por un prezo axeitado a todas. Para poder acceder o recinto termal e imprescindible levar chancas, bañador e toalla ou albornoz.

            O regreso visitaremos as vilas de o Carballiño e Cea así como unha visita o Mosteiro de Oseira.
                                                           Templo de Veracruz- o Carballiño



            Para poder reservar praza tanto en as termas como de autobús e comida, necesitamos que nos fagades saber a vosa intención de asistir antes do dia 10 de febreiro, chamando os nosos números de sempre.  


            Recordarvos tamén que as que non vos acordou de facer efectivo o importe da cota de socia do 2013 o fagades o mais pronto posible, a cota e de 12€ coma nos anos anteriores.

            As persoas que desexen asistir a viaxe a Ourense que non sexas da asociación, poden facelo, pero terán que aboar o importe do autobús correspondente e a entrada a recinto termal.

   

                                           Atentamente..........A DIRECTIVA DE O XARAMAGO

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario