de todo un pouco

martes, 25 de febreiro de 2014

Estamos de aniversario

                                                                  Flor de Xaramago
Levamos xa dous anos  de blogueiras, xa que, a nosa primeira entrada, esta datada o 14 de febreiro do ano 2012; en este tempo, tratamos de compartir con vos os nosos traballos, o noso sentir, as nosas actividades, e todo o que fomos facendo na asociación nestes dous anos, en un total de 66 entradas.
                                                             
A día de hoxe, o marcador de páxinas visualizadas, contabiliza un total de 9083, o que nos enche de satisfacción e nos anima a seguir publicando, facendo vídeos das nosas cousas e compartilos con todas as persoas que nos visitades.

Podemos comprobar, no noso contador de visitas, que entran a ver a nosa páxina dende  numerosas partes do mundo, dende O Xapón ou Moscú, hasta países hispano americanos como poden ser Brasil ou Arxentina e como non podía ser menos dende numerosos puntos da xeografía galega e nacional.

Creemos tamén, que por todos estes motivos e porque o contido xa era moito e moi difícil de  encontrar o que se buscaba, debíamos de organizar un pouco todo o contido do blog, e estamos traballando en elo para que sigades visitándonos, deixando os vosos comentarios e as vosas suxerencias e así, conseguir este reto, que e o de compartir todas as nosas cousas con vos. traballar para chegar as 10000 páxinas visualizadas, que xa están ahí a volta da esquina, e como non conseguir as 20000, que ainda que parece un reto difícil de lograr estamos seguras de que o acadaremos con todos vos que  nos visitades.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario