de todo un pouco

venres, 14 de marzo de 2014


¿Por qué unha Horta Ecolóxica?


O cultivo da horta ecolóxica mais que un hobby e unha maneira distinta de entender a vida.

           Dispoñer de unha horta, e tratar de producir en ela de unha maneira ecolóxica, e unha maneira distinta de entender a vida, conectar coa natureza e amoedarse a os ritmos da vida natural, deixando a un lado o estres o que estamos sometidos na nosa vida diaria.

          Na agricultura convencional utilízase todo tipo de pesticidas e insecticidas,  e a calidade do produto pasa a un segundo plano, afortunadamente, cada vez son mais as persoas que optan por coidar as súas hortas e tentando de conseguir unha horta de autoconsumo san e respetuosa co medio ambiente.
         A maioría de nos, dende nenas, vimos como os nosos pais xa cultivaban a horta para autoconsumo, e seguimos cultivando esas pequenas parcelas con gran cariño e procurando ser respetuosos co  medio ambiente.



      
           Algúns dos beneficios que nos aporta o cultivo da horta son:
  •   Disfrutar de un pequeno espazo que te Alexe da rutina de cada día.
  •  Conservar os lazos tradicionais que sempre uniron a xente do campo a súa pequena parcela de horta.
  •  Aumentar os coñecementos;  esta e  unha afición que te educa minuto a minuto, posto que a natureza e cambiante e esta ligada a moitos factores, e polo mesmo os froitos da nosa horta tamén serán variables, e as posibilidades de aprender de eles moi amplas.
  •  Un espazo de relaxación  onde a vida e tranquila e sen presas, cada instante que se pasa na horta observando e coidando reporta un alto grado de relaxación, diminuíndo o estres acumulado durante o día.
  •   A horta obséquianos co pracer e a seguridade de desgustar alimento cultivados por nos mimos, que sabemos libres de pesticídas, fertilizantes e demais productos prexudiciais para a saúde.
  • Cultivar a nosa horta e unha maneira saudable de exercitarnos física e mentalmente.
  •  Poder facer partícipe os nenos da casa de as marabillas de sementar, ver xerminar e coidar o que da terra emerxe froito do noso traballo.

Por todo isto que fomos enumerando invitámosvos a que  se converta en unha realidade , e se no dispoñedes de unha horta vos poñades mans a obra

Agora estamos en ese momento no que empezamos a sementar cousas nas nosas hortas que iremos compartindo con vos en esta pequena parcela do noso blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario