de todo un pouco

sábado, 26 de abril de 2014

Augardente 2014

AUGARDENTE 2014

Como todos mui  ben sabedes, este ano imos xa pola XLIV  Edición da Festa da Augardente, sendo esta unha das festas gastronómicas e de exaltación dos produtos da nosa terra mais antigas de todo Galicia.
As mulleres rurais ( O Xaramago), como non podía ser menos, estivemos alí, disfrutando do día, que aínda que en algún momento, a choiva caeo con forza, non conseguiu parar a chegada de visitantes que a o longo de todo o  día acudiron a Portomarín  a disfrutar  das moitas actividades que se ofreceron.
Dende aquí, tratamos de facer un pequeno resumo do que foi o día, para aqueles que non puideron vir,  e para os que estiveron recordarlles un pouco o que foi esta longa velada de domingo en  Portomarín.
Isto empezou as 10 da mañá co prendido das alquitaras que destilaron durante todo o día na praza do concello

     Celebrouse a procesión do Santo Encontro e unha misa solemne, e despois de isto, a xente aproveitou un ratiño para degustar os produtos típicos do concello, a prezos moi económicos, e xa bo momento para tomar unha augardente acompañada de unha tapiña de empanada de anguías ou un queixo de pousada acompañado de un bo viño denominación ribeira sacra.
     Esta degustación e promovida polo Concello, que cada ano, lle da os produtos a unha asociación para que a traballe e así sacar un pouco de diñeiro para as súas actividades, e este ano, as que tivemos esta honra, fomos nos, a “Asociación de Mulleres rurais o Xaramago"













E aquí nos tedes no estant destinado a nos, esperando que a degustación empece, tratando de telo todo a punto para o momento, procurando que todo saíra ben para estar a altura das circunstacias

   


 A o mesmo tempo, na Casa do Concello, tiñamos expostos algúns dos nosos traballos, que, coma cada ano dende que facemos a exposición, tivemos gran cantidade de vistas polo que queremos dar as grazas

      



Xa pola tarde, e para reiniciar a actividade despois de un bo xantar, actuou a Charanga Malosera


                                              

Nomeáronse as damas e cabaleiros da Orden da Alquitara

  


Actuou  o  grupo de baile da Asociación Río Miño





A verbena estivo a cargo do orquestra Miramar


 e despois da verbena o bruxo queiman ofreceunos un bonito  espectáculo, O ser de noite non puden facer fotos con claridade, pero esta vez imos compartir as fermosas fotos que fixo Maensa Fotografia











Ningún comentario:

Publicar un comentario