de todo un pouco

martes, 8 de abril de 2014

BISCOITO CON CACHOS DE CHOCOLATE

Biscoito  con cachos de chocolate

Precisamos:
3 ovos
Un iogur natural ou de limón
Un vaso dos de iogur de aceite
2 vasos dos de iogur de azucre
3 vasos dos de iogur de fariña
1 tableta de chocolate nestle postres ou similar.
1 sobre de lavadura
 a rapadura de un limón  

            



Maneira de facelo:

Preparamos en primeiro lugar, o molde onde vamos a metelo o forno   votando unhas  gotiñas de aceite , quentámolo un pouco e engraxamos todo o molde moi ben engraxado, logo salpicamos unha pouca fariña para que non se nos pegue o biscoito.
     Separamos as claras das xemas dos ovos.
Picamos o chocolate en cachiños  ,uns dous vasos de iogur serán suficientes, se engadimos moito irásenos  a o fondo do biscoito;  reservámolo.
A xemas engadímoslles o azucre, o iogur natural, o aceite, a lavadura e a rapadura de un limón  e batemos un pouco hasta que quede cremoso e reservamos.
Montamos as claras a punto de neve e engadimos  pouco a pouco a mestura de ovos, azucre, lavadura... , seguimos batendo un pouco  mais.
Para terminar, engadimos a fariña en movementos envolventes sen bater hasta que quede todo moi ben mesturado con coidado de que non se nos vaia o fondo, e por ultimo engadimos o chocolate picado mesturando ben co resto dos inredientes.
Votamos no molde e metemos o forno a 18oº o tempo de cocedura depende do forno así que comprobamos con unha agulla cando esta feito,


  

Podemos facelo tamén con noces,  botándolle un chorro de nocilla que antes derretemos no microondas con coidado de que non se nos queime, botándolla no momento antes de metala no forno cou  un chorro repartido por todo o biscoito ou engadíndolle as dúas cousas , nocilla e noces que esta riquísimo ou simplemente solo o biscoito sen engadirlle nada, podedes ir probando as distintas variedades para ver cal vos gusta mais...
Esquecía decir que esta, tanto o  biscoito como as fotos fixoas a miña filla, (con algunha axuda mais), coa miña receta claro e cedeome as fotos amablemente, porque se sentía  moi orgullosa do seu logro........para ela e as suas axudantes....un biquiño.






                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario