de todo un pouco

xoves, 24 de xullo de 2014

ASI FOI A VIAXE A COSTA DE LUGO

          Este pasado día 23, como xa anunciáramos na carta dirixída  a todas vos,  pasamos unha bonita xornada pola Costa Luguesa.
Saímos as 9 da mañan da Praza do Concello, e aínda que non madrugamos, o dia deunos para moito, xa que, regresamos pasadas as 11 da noite.

        Como xa vos dixen, saímos as 9 da mañá e despois de consultar as mareas, decidimos dirixirnos a praia das catedrais aproveitando que a marea a esa hora estaba baixa, aínda que o día estaba cuberto pasamos un bo ratiño paseando por esta fermosa praia, fixemos as fotos de rigor e  despois de tomar un cafeíño saímos para Foz

                                                                    




                 

             





                           

                             



          Algunha tamén tivo algún que outro problema co movil..........preguntome eu?..........que seria o que lle ensinaba María a Xosefa para estar as dúas tan entusiasmadas!!!! 





          A primeira foto de familia, e dar as grazas a Xosé Luís, (o paciente condutor),  sempre disposto a facer fotos e todo o que fixo falta.O problema e que sempre faltaba algunha..........A mais guapa con diferenza, María  a  mais pequeniña de todas nos, seguida  das duas moziñas do grupo, Tamara e Andrea.







          Marchamos para  Foz e chegado alí, montamos un piknic  no merendeiro que había o carón da praia para  non perder moito tempo, comemos, e rapidamente  fomos a darnos un refrescante baño na praia de  Foz,ateigada de xente a pesar de ser  un día de semana.
Estivemos alí hasta ben entrada a tarde.


                    







          Dende alí partimos para  Viveiro, subimos o monte de San Roque onde puidemos disfrutar das preciosas vistas  de Viveiro, logo demos un paseo pola vila e regresamos xa  de cara  Portomarín, pero non sen antes parar a merendar en  unha bonita zona recreativa de Vilalba.


           
                                                                






















Ningún comentario:

Publicar un comentario