de todo un pouco

mércores, 22 de xullo de 2015

Visita O Grove e A Toxa


Pasou xa unha semana da visita a  O Grove e  A Toxa, creo que non fai falla describir o  bonito día que pasamos por alí entre todas, intento que o vexades con este vídeo que montei con algunhas das fotos que  fixemos..........espero que vos guste .
Fermosísimos momentos de complicidade entre todas, calquera cousa nos sirve para  prender a chispa da risa para facer de calquera momento un momento inesquecible ; coma o famoso “bocadillazo” que xamais esqueceremos.
Grazas “ rapazas” entre todas facemos un bo equipo, un equipo que me sinto completamente orgullosa de capitanear. QUERESEVOS.
Din que unha imaxe vale  mais que mil palabras así que ahí vos deixo o vídeo.


                                   
                             


2 comentarios: