de todo un pouco

luns, 8 de agosto de 2016

VISITA A COSTA DA MORTE





Este video fíxeno especialmente pensando en tres persoas que este día non nos puideron acompañar por  estar pasando uns momentos delicados nas súas vidas, refírome a Josefa , Fidelina e Celsa, votámosvos de menos.....Moito ánimo de todas nos








     
 Estos días a tras, xuntamonos de novo para facer unha nova excursión  que, vou intentar narrar aquí aportando algunhas fotos das que durante todo o día fomos facendo nos lugaresque visitamos.
      Como sempre, levantámonos cediño, para desprazarnos ,  a maioría de nos, dende a nosa aldea ata a vila de Portomarín onde nos agardaba o autobús con dous condutores para así, debido a  prohibición de non poder estar activos mais de 15 horas, nos quedaramos sen tempo para disfrutar do día como a nos nos gusta.

      Saída as 7.45 de Portomarín, recollendo algunhas das viaxeiras de camiño o Pazo da Oca no  Concello da Estrada, con una parada mínima para tomar o primeiro cafeíño da mañá, as nosas presas desbordaron un pouco o camareiro do bar onde paramos, xa que si café, si croasant, que si a min no me atende.....ai mamaíña ......o home non sabia a  quen atender!!!!.

      Xa no Pazo da Oca, e como tiñamos cita concertada, estaba a guía para mostrarnos o interior do Pazo, previo pago de 13 Eurazos por cada unha de nos....aínda que nos parece abusivo, unha vez dentro, dáste conta que aquel patrimonio e malo de conservar, e que de algunha maneira foi unha colaboración para poder  disfrutar de el. Estas son algunhas fotos do interior....



      Estos xarróns de Sargadelos, que se encontran na sala de xogos, son os únicos que se conservan según a guía nin siquera a propia fábrica de Sargadelos os conserva, sendo o seu valor altísimo.



         Algunhas das dependencias inda son utilizadas na actualidade cando os  Duques de Medinaceli, actuais propietarios, veñen a pasar algúns días o Pazo




   


        

        O Pazo ten unha igrexa a que podía acceder todo o vecindario, pero o que si non estaba ben visto e que a nobreza se mesturara ca xente do pobo, a tal fin, creouse un pasadizo polo que os señores accedían a unha  galería   na parte alta do templo desde onde participaban na celebración da eucaristía, e a xente do pobo estaba na parte baixa..... a foto que sigue foi tomada dende esa parte alta da iglesia.





En esta foto pódese inferior  apreciar a terraza de paso dende o Pazo a igrexa, que antes mencionamos




                                                    Mais vistas exteriores do Pazo


                                               






O noso recordo do paso por ali







      Xa rematamos a visita o interior do Pazo, ahora quedan os xardíns, dos que a guía nos da uns planos a cada unha de nos para que visitemos libremente....... 8 ha de natureza  para disfrutar nas que calquera podería pasar parte do día, pero nos, tiñamos outros  visitas programadas asi que, apurando o mais posible percorremos cada un dos rincons de este espectacular xardín, do que levamos con nos estas fotos e o maravilloso recordo de volver outro día para disfrutalo con mais calma.




                                                   
                                                                o laberinto


                                                                                                                                                                                                                           

                                                 





 
                                                         
                                                  o lavadeiro





















  

Dende aquí, puxemos rumbo a Carnota, que e coñecida polos seus hórreos, xa que aquí atópase un dos mais grandes de Galicia, con 37.4 m de largo e 22  pares de pes; foi construído no século XVIII  e hoxe e monumento nacional. O lado do hórreo e do pombal esta a igrexa se Sta Comba tamén do século XVIII







Dende aquí, dirixímonos a unha paraxe natural de excepción, que e a desembocadura do río Xallas, que cae o mar formando unha fermosa fervenza de uns 100 m de altura, sendo a única de Europa que verte directamente no mar














Desde a fervenza tivemos que facer unha pequena parada para comer, a un restaurante un pouco alonxado  da costa, aproveitando para subir a o Mirador do Ézaro, xa que dende a fervenza, aínda que hai unha carretera para poder subir, non deixan subir autobuses pola forte pendente, unha señal o lado do mirador, advertía de unha pendente do 30%. Alí disfrutamos de unhas fermosas vistas e aproveitamos para facer algunhas fotos mais antes de dirixirnos a Fisterra onde tomamos o autobús para retornar a casa, non sen antes cear de camiño como acostumamos a facer, esta vez en Melide, no Restaurante Xoldra, para chegar de regreso sobre a 1 da madrugada.


























Ningún comentario:

Publicar un comentario