de todo un pouco

domingo, 19 de febreiro de 2012

Mais recetas para o entroido


LACÓN CON GRELOS


INGREDIENTES

1 lacón
Chourizos
Patacas
grelos

MANEIRA DE FACELO:
Poñemos a desalar o lacón en abundante agua fría durante dous días.
Nunha pota grande poñemos o lacón e cubrímolo de auga abundante e deixámolo cocer lentamente. Cando xa estea cocido, bótanselle os grelos e os chourizos e por último as patacas enteiras. Convén cocer todo xunto pois o ácido dos grelos quítalle graxa ao lacón e dálle un sabor peculiar ao prato.


FILLOAS RECHEAS:
Estamos no entroido e o normal na nosa terra é a preparación dun bo cocido, co seu lacón, cachola, chourizos e os fantásticos grelos que temos na nosa terra . De postre acostumamos a facer uns freixós que sempre sobra algún tamén.
Aquí vos deixo unha fermosa idea para reciclar todos os restos despois da comilona do día anterior.
INGREDIENTES
Filloas salgadas
Restos de cocido (lacón, polo, nabizas ou repolo, chourizos)
2 cebolas
100 gr de touciño
½ vaso de nata líquida
100 gr de queixo Arzúa Ulloa
MANEIRA DE FACELO:
Preparamos as filloas ou utilizamos das do día anterior, que xa deixamos sen azucre.
Picamos os restos do cocido en cachos non moi pequenos.
Poñemos un par de culleradas de aceite nunha tixola e douramos lixeiramente a cebola picada en xuliana.
Engadimos a carne desmenuzada, damoslle unhas voltas e reservamola.
Cun chourizo vamos a preparar a salsa para cubrir as filloas unha vez que estean recheas , para elo picamos a cebola e fretímola lixeiramente. Engadimos o chourizo picado e un pouco de caldo. Deixámolo cocer e pasamos todo pola batidora para facer unha salsa mais fina.
Engadimos a nata para suavizar o sabor, comprobamos o sal e reservamos.
Colocamos unha filloa ben estirada e sobre esta unha pouca verdura ( grelos, nabizas ou repolo) sobre a verdura colocamos un pouco de recheo e enrrodelamos procurando cerrar ben os bordes.
Bañamos o fondo dun molde apto para o forno con un pouco de salsa de chourizo. Sobre esta salsa colocamos os rolos de filloas ben xuntiños.
Cubrimos co resto da salsa e poñemoslle cachiños de queixo arzúa ulloa por encima .
Metemos o forno pre-quentado a 180º durante 15 minutos hasta que se quente ben por dentroe forme unha costra douradiña na parte supperior.
Servimos ben quentiños e a seguir disfrutando do entroido.
RECETA SACADA DE “ lacocinadelechuza.com”
Filloas rell.cocido-plato 3

2 comentarios:

  1. Esto si que é interesante. Gracias.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. gracias a ti por visitarnos, intentaremos seguir traballando

      Eliminar